segunda-feira

A ESTELA: 5. A AUTORIDADE

En épocas remotas, as mulleres sentaban na proa da canoa e os homes na popa. Eran elas as que cazaban e pescaban. Saían dos poboados e volvían cando podían ou querían. Eles montaban as chozas, preparaban a comida, mantiñan prendidas as fogueiras contra o inverno, coidaban dos pequenos e curtían as peles de abrigo.
Así era a vida entre indios onas e mapuches, en Tierra del Fuego, ata que un día eles mataron a tódalas mulleres e colleron as máscaras que elas utilizaban para darlles medo.
Só as nenas recén nadas salváronse do exterminio. Mentras elas crecían, eles decían e repetían que servirlles era o seu destino. Elas aceptárono. Tamén as súas fillas e as fillas das súas fillas.

Eduardo Galeano (Adaptación)

domingo

A ESTELA: 4. O PEIXE E A TARTARUGA

Alvorecía. Os primeiros raios do sol reflexábanse nas cristalinas augas do Mar de Arabia. Unha tartaruga saía do seu soño profundo e boquexaba na praia. Abriu os ollos e, de súpeto, viu un peixe que sacaba a súa cabeciña da auga. Cando o peixe advertiu a presenza da tartaruga, preguntoulle:
- "Amiga tartaruga, presinto que hai sabiduría no teu corazón e quero facerche unha pregunta: Que é o auga?"
A tartaruga asombrouse ao instante. Non podía crer o que lle estaba a preguntar aquel peixe saído do mar. Cando caeu na conta de que non estaba a durmir e o feito non formaba parte dun soño, respondeu:
- "Amigo peixe, naciches na auga, nela vives e nela tropezarás coa morte. Arredor do teu corpo e dentro del tes auga. Aliméntaste do que nela encontras e nela te reproduces. E tí, peixe inconsciente, pregúntasme o que é a auga!"
Anónimo Hindú (Adaptación)

sábado

A ESTELA: 3. 1943

-Hölderlin ist ihnen unbekannt? (¿Coñece vostede a Hölderlin?) -preguntou o Dr.K.H.G. mentres cavaba o foso dun cabalo rebentado.
-¿De quen fala? -preguntou o soldado alemán.
-El escribiu o Hiperion -explicou o Dr.K.H.G. , ao que lle gustaba moito explicar- .A figura cumbre do romanticismo alemán. E a Heine, por exemplo, ¿coñéceo?
-¿Quenes son esos? -preguntou o soldado
-Poetas -dixo o Dr.K.H.G.-. ¿Tampouco lle soa o nome de Schiller?
-Si, sóame -dixo o soldado alemán.
-¿E o nome de Rilke?
-Tamén -dixo o soldado e púxose colorado coma un pemento ,e pegoulle un tiro, sen máis, ao Dr.K.H.G.

István Örkény (adapación)

sexta-feira

A ESTELA: 2. SOSPEITA

Un home perdeu a súa machada e sospeitou do fillo do seu veciño. Obsevou a maneira de camiñar do mozo: exactamente como a dun ladrón. Obsevou a expresión do mozo: como a dun ladrón. Observou tamén a súa forma de falar: igual a dun ladrón. En fin, todos os seus xestos e accións delatábano como culpable do roubo.

Pero máis tarde atopou a machada preto dun río. E despois, cando volveu ver ao fillo do seu veciño, todos os seus xestos e accións parecían moi diferentes aos dun ladrón.


Popular chino (Adaptación)

quinta-feira

Droga=vida

Cando tes moza ou che gusta alguén eres todo flores, mariposas e margaridas. Isto ten un pequeno inconveniente, pode ser nocivo para a saúde. Refírome: “esta festa dos sentidos”, pode chegar a causar unha dependencia “non aconsellable”. Coma cando teus pais che falan na recén chegada adolescencia -bendita sexa- dos canutos e a súa relación coa “mala” vida ou mellor dito, coa OUTRA VIDA (visto a modo trainspotting)
Unha dependencia física, platónica, eu que raios sei; quen nega que non chegue incluso a provocar incluso dependencia química cal heroinómano dos seus picos? Seica índa non hai estudos científicos sobre esto.
Unha droga

Ben, as drogas pois, coma outras moitas das delicias, marabillas e exóticos placeres deste incríble mundo están betadas política e socialmente por sabe deus que estúpidas razóns (tradicións, imposicións) das cales índa non somos capaces de quitarnos denrriba.

O que quero decir… o que quero decir índa non o sei moi ben, o que intento expresar semella un sentimento; de rabia, de noxo, de impotencia, de contradicción… de quen carallo son para decirnos ou betarnos isto ou aquilo?
Que non nos fodan máis, creo que xa chegou dabondo, e créoo firmemente. Créoo cando vou pola rúa, por Vigo, vendo caras que xa non din nada, cacholas nas que xa non entra nin sae nada. Quizáis porque lle betaron ou prohibiron xusto esas cousas que máis lles gustaban, se cadra porque lles quitaron esas cousas das antes faladas.
Créoo firmemente, que a estas persoas lles quitaron moito, e disto si que hai estudios aínda que non saían á luz na televisión estatal ou nas de Berlusconi, tanto ten.
Cando vas pola rúa e ves moitas destas caras, preocúpaste, tes medo de que poidan chegar a contaxiarte (non coma a “gripe A”) , a betarte, a cohibirte e a facer que ti tamén sexas outro máis, ser outra vaca no millo.

Non sei porque empecei polo tema do amor, pode que sexa algo personal neste momento da miña vida. Pero creo tamén que agora mesmo pode ser un tema gracias ao cal sobrevivo, gracias ao cal estou inmune momentáneamente desa enfermidade presente nas rúas que está sen diagnosticar , e a pesares de ser a máis grave de todas, sen diagnosticar… Que ao fin e ao cabo o de
sobrevivir non cambiou, loitando por sobrevivir. Pois ao carallo con sobrevivir, eu quero vivir.

Por sorte enamorarse aínda é legal, aínda non está betado. Pero tende coidado, que de momento para os que dirixen o cotarro seguimos a ser galiñas de granxa reprimidas, sometidas e que non fan ruído. Ese é o problema, non facemos
ruído.
Ruído na rúa, ruído na escola, MOITO ruído cando estás a facer o amor, temos que facer ruído.
E de momento o amor aínda non está betado… eu só digo, enamoraivos, facede moito ruído. De dous en dous, de tres en tres, de catro en catro… todos
xuntos. De Xan, de Raquel, de Sofía, de Román, de quen sexa, do mundo… pero todos xuntos.

ENAMORAIVOS

A ESTELA : 1. AMPOULE NA FÁBRICA DE ROUPA

Todo o mundo vai vestido, advirte Ampoule, pero case non quedan modistas. Os vestidos, traxes e sombreiros fanse nas fábricas. Sería máis sinxelo que a xente non se vestise, pero din que teñen frío. Se estivesen mellor construídos, coma un robot, poderían prescindir da roupa. Eu vou sempre espida, non levo vestidos, non me importa o frío nin a humidade. Así, remata Ampoule, os homes teñen que se pasa-la vida inventando cousas que lles axuden a vivir cómoda e saudáblemente.
Busca unha fábrica pola zona industrial e métese pola ventá dunha onde hai mulleres sentadas cabo dunha cinta sen fin que transporta uns anacos de tea. As traballadoras collen o pedazo de tea, cóseno a outro nunha máquina eléctrica e volven colocalo na cinta. A carón desa, outra segue cosendo unha manga ou unha blusa. Teñen que darse présa porque a cinta vai bastante lixeira. É o que se chama "traballo a destallo". "Vaia perda de tempo!", berra Ampoule. "Quen falou?", preguntan distraídas as mulleres. "Son eu, a suprema Ampoule!". "Vaia, a ti non che fai falla traballar, pero nós precisámo-los cartos para paga-la renta e a comida". "O que eu non faría sería coser, contesta Ampoule. Anticuado e demasiado lento!".
Mesturando pegamento e aire Ampoule inventa o "fil liquide". Dalle a cada traballadora un bote cheo cun buratiño diante e ensínalles a pegar. "Abonda con preme-lo bote, inxectar un pouco de fil liquide na costura, po-las dúas pezas de tea unha enriba da outra e xa está rematado o pantalón ou a blusa". As mulleres, encantadas, en lugar de coser, pegan. Ó cabo dunha hora xa teñen feito o labor de todo dun día.
Na nave seguinte planchan a roupa. As planchas soltan chorros de vapor para que as chaquetas e as liñas dos pantalóns queden ben. O traballo é duro e os traballadores teñen as faces coloradas polo esforzo."Vaia perda de tempo!", berra Ampoule. "A calar!, berran algúns deles. O traballo é pesado e non nos gostan os entrometidos". "Tedes que inventar unha máquina coa que planchar máis axiña e mellor que coas vosas. Tedes vapor e tedes tea. Seguro que se vos ocorre algunha cousa". "¡Boa idea!, pensan os traballadores, Teríamos que fabricar algo semellante a unha persoa, quente por dentro, de xeito que poñéndolle os vestidos quedasen planchados nun intre por tódolos lados".
Os traballadores constrúen "nylon mannequins" e colócanlles os pantalóns, vestidos e blusas que hai que planchar. Bombean aire comprimido, os mannequins ínflanse e tensan os vestidos; logo, os planchadores fan pasar un chorro de vapor ben quente polos mannequins: Os vestidos quedan planchados nun santiamén e nunha hora fixeron o traballo dun día.
Os operarios e operarias da fábrica alédanse de que o traballo non lles resulte tan agotador e que lles sexa máis sinxelo. O director aparece entón e espeta, "como traballan máis rápido teñen tamén que producir máis roupa"."Vaia disparate!, exclaman indignados os obreiros, Inventamos o "fil liquide" e "nylon mannequins". Por qué temos que traballar máis agora?". "Se traballamos máis, gañamos máis!", asegura o director. "Nós non, vostede é o único que gaña máis porque a fábrica é súa"."Efectivamente", ratifica el con toda naturalidade. "Reflexione, sen nós non podería vostede vender roupa porque non a habería". "A fábrica foi sempre miña. O que ocorre é que, sinxelamente, os obreiros gañan menos que os directores". "É inxusto..., e todos exclaman, Non traballamos máis!". "Pois xa non gañaredes cartos!", conclúe o director. "Vostede tampouco. Non é capaz de pegar vestidos nin planchalos". "Si que son capaz", contesta el moi lixeiro. "Pero non tanto nin tan a présa coma nós", contestan eles. "...certo, dependo de vós", pensa el. Despois confesa: "Sen vos a fábrica quedaría baldeira. Sabede-lo que imos facer? A fábrica será de todos e todo o que gañemos repartirémolo por igual". "Ben!, exclaman asombrados os obreiros, É lo primeiro director do ramo que non nos sae cobizoso".
Todos se alegran, incluso o director. Todos se abrazan e bailan pola fábrica.
Ampoule alégrase e confesa: "Se tódalas fábricas fosen dos obreiros, gañarían máis. E así non estarían tan cansos e tristes polas tardes nos autobuses e tranvías, mentres voltan a casa do traballo".

Günter Herburger (Adaptación)

sexta-feira

O TESTAMENTO DO PAPEL


Rematou o meu tempo nesta era de ce.pe.ús, chips e demáis. O meu medio desertou, evolucionou en certo sentido pasando do físico a algo tan abstracto coma o virtual.
Que tristeza a de non sentir endexamáis, nin sequera o que me prestas. Infinidade de situacións, sensacións, emocións e perspectivas. Reflexións, creacións e expresións. Impresións, ideas inalcanzables, ficticias, absurdas e ata delirantes que crean outro universo máis que me fías e que eu gardo coma una xoia, en contra do tempo.
E expreso: Non hai nada máis triste que rematar vacío, coma nos inicios: en branco; ou ser unha enésima copia por moito valor que esta teña. Fai un esforzo, as ideas nin son túas nin miñas aínda que as garde: son de todos[...]. Todo é un préstamo, e a verdade é que cando ma entregas síntome vivo e singular. Agora xa expreso algo: a Idea. Este é o meu patrimonio. Este é o meu testamento.


PROBA DE COLOR



Abro a porta. Un individuo traxeado de
branco e cun maletín igual. Non, creo que é un uniforme amarelo deses que levas se és un químico, e non leva maletín. Non estou moi seguro, quizáis é de cor azul-claro como de enfermeiro. Probo e volvo a abrir a porta. As paredes tornan a un verd
e-radioactivo e aparece dun recuncho un mimo cun globo rosa que vai hinchando pouco a pouco cambiando a vermello incomprensiblemente. El, sorrindo, achégase e ofréceme aquel globo. Eu, completamente aturdido, pecho a tal porta azul-oscura case negra.