terça-feira

LANCE PRIMEIRO: LE PITRE ET L'ALCHIMISTE


Noite.Un home traballando no seu estudio. Abrése a porta.

"Que fas? Levas aquí metido toda a semana", dille un tanto preocupado. "Estou a traballar nun novo invento: Le Daguerréotype", di el exaltado. "Veña, deixa iso xa e vámonos por ahí, xa terás tempo mañá. Tes que disfrutar da vida que son dous días". "Non. Non quero, estou ocupado con isto". "...". "Non insistas. Xa iremos por ahí cando remate". "Bueno, pois xa te deixo laborar tranquilo, agrega. Marcho. Deica mañá".
Mencer. O home sae do estudio co invento cara a cociña, onde está o outro a mollar pan en viño. "Mira, xa o rematei". "E para que che sirve iso?, dille el indiferente. "A ver como cho explico. É un instrumento que fixa as imaxes que nos ofrece a natureza sen necesidade de recurrir a un debuxo". "Oe, resulta interesante. Entón hoxe xa imos por ahí?". "Non, e que estou a traballar nun novo proxecto". "A ver, podes facer as dúas cousas e non estar alí metido tódo o tempo, digo eu". "E tí tamén, que polas que fas? Nada. Precisamente poderíasme axudar con isto". "Bueno, vale. Eu che axudo mais despois imos por ahí. Agora imos por ahí a probar o aparato. Acción!".