terça-feira

A ESTELA: 6. A ASAMBLEA

Ao parecer todos levaban insignias. Todos formaban un único grupo, tanto os do bando da dereita coma os da esquerda, aparentemente opostos, e tamén observou a mesma insignia na lapela do xuíz de instrución, o cal, coas mans no regazo, miraba tranquilamente a situación da asamblea. "Ah, moi ben, exclamou K., e levantou os brazos, porque aquél súbito descubrimento necesitaba espazo; vexo que todos sodes funcionarios, sodes esa panda de xente corrompida contra a que me dirixin, acudistes en masa para escoitar e fisgar, aparentastes formar bandos opostos, e un dos bandos aplaudía para poñerme a proba. Queriades aprender a forma de enganar a un inocente! Non vos foi inútil a vosa comparecencia, agradouvos o feito de que alguén esperase de vos a mesma defensa da inocencia, ou acaso... "Sóltame o che dou un...!", gritou K., dirixíndose a un anciano tremeroso que se estaba a acercar demasiado, "... ou acaso aprendestes realmente algo. Se e así que vos aproveite o voso traballo". Tomou áxilmente o seu chapeu, que estaba no extremo da mesa, e, entre o silencio xeral da sala (un silencio producido en todo caso polo máis completo desconcerto), abriuse paso cara a saída. Pero ao parecer o xuíz de instrución foi máis rápido que K., porque xa o esperaba na porta. "Un momento", dixo el. K. detívose, pero non mirou ao xuíz de instrucción, senón á porta, cuxa aldraba agarrára xa. "Só quería facerlle observar, dixo o xuíz de instrución, que hoxe perdeu vostede -e probablemente aínda non teña conciencia de elo- a vantaxe que, en calquera caso, representa un interrogatorio para o arrestado". K. riu sen deixar de mirar á porta. "Canallas!, gritou, podedes quedar con todos os vosos falsos interrogatorios". Xirou a aldraba e baixou correndo a escaleira. Tras el alzouse o tumulto na asamblea que, de novo, volveu a animarse.

F. Kafka, Der Prozess
(Fragmento)

Nenhum comentário:

Postar um comentário