sexta-feira

RETRATO

Creo que foi Leonardo o que afirmou que aos cincuenta anos cada un ten a cara que se merece. Sobre ela foron (lenta pero inexorablemente) deixando as súas pegadas os sentimentos e as paixóns, os afectos e aversións, a fe, a esperanza, os desencantos, as mortes que vivimos ou presentimos, os outonos que nos desconsolaron ou abatiron, os amores que nos enfeitizaron, os fantasmas que nos visitaron (de cadáveres nos soños, de persoaxes que se deslizan, e tamén de enmascarados das nosas propias ficcións, que nos expresan e traizoan).
Eses ollos que revelan coas súas lágrimas as tristezas, esas pálpebras que se pechan por modorra ou por pudor ou astucia, ese labios que se encollen por obstinación ou por indiferencia, esas pestanas que se contraen por inquietud ou por extrañeza , que se levantan por sorpresa ou duda, esas venas que se hinchan por ira ou desexo; van delineando engurra tras engurra o deseño que finalmente a alma imprime sobre esa carne ténue e maleable do nosa face. Revelándose así a fatalidade da alma, que só pode existir encarnada e manifestándose a través desa materia que é a súa prisión pero tamén a súa única posibilidade de existencia.
Sí, ahí o teñen: retratado con cruel delicadeza e exactitude, coma un condenado entre reixas, o meu propio espírito: imaxe coa que observo o Universo.

E. Sábato






Nenhum comentário:

Postar um comentário